займ срочно

Humanización para a rúa Tras da torre de Sigüeiro

0

Oroso, 27 de xullo do 2020 – Unha das rúas máis antigas de Sigüeiro, Tras da Torre, recibirá este verán a urbanización e humanización que necesitaba desde hai tempo.

Tras da Torre está situada moi preto da rotonda da praza da Foca. Durante dous meses, a pavimentará por completo e instalará unha nova canalización, mobiliario urbano e sinalización. O investimento nos traballos desta reforma integral será de 91.664 euros.

Humanización para a rúa Tras da torre de SigüeiroO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, estivo na rúa para supervisar os traballos “nun lugar especial pola súa historia e antigüidade, damos ademais resposta a unha demanda veciñal coa actuación”.

Para realizar as obras, foi necesaria unha adaptación do plan especial da zona, tal e como figura no Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM). A nova rúa Tras da Torre estará lista no mes de setembro. Este proxecto únese na mesma zona á recente remodelación da glorieta da Foca, un proxecto solicitado polo Concello de Oroso ao Ministerio de Fomento para alixerar o tráfico nos accesos a Sigüeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies