Oroso mergúllase na cultura ata o mes de xullo

0

Oroso, 27 de maio do 2018 – O Concello de Oroso puxo en marcha o programa Mergúllate na Cultura que, ata o mes de xullo, levará o municipio concertos, obras de teatro, exposicións e obradoiros para todas as idades.

Oroso mergúllate na culturaEntre as actividades previstas, destaca a Gala da Cultura do 8 de xuño, a actuación do grupo de teatro infantil Bolboretas de Papel, os monicreques Pérez & Fernández, a festa da espuma, inchables e o concerto fin de curso da escola de música.

A inauguración da exposición dos obradoiros culturais e a entrega de diplomas aos participantes foi a primeira actividade do programa, que rematará o 7 de xullo co festival Psicotroita Oroso 2018.

No acto de entrega dos diplomas dos obradoiros culturais, o concelleiro Luis Rey agradeceu “a participación de todos e todas nas actividades organizadas durante todo o ano, a boa acollida dos veciños reforza o compromiso deste concello coa cultura”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies