Oroso pecha acordos co Goberno central para incorporar enerxía limpa á Vía Verde

0

Oroso, 9 de marzo do 2020 – O concello de Oroso mantivo unha reunión co Ministerio para a Transición Ecolóxica de cara a incorporar enerxía e transporte limpo á futura Vía Verde.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira, foron os encargados de pechar en Madrid varios acordos nunha reunión con Irene Menéndez García, xefa do departamento de Desenvolmento Urbano Sostible do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE). “Presentámoslle melloras de carácter sostible para a Vía Verde e tiveron moi boa aceptación, contamos co seu apoio”, afirma Manuel Mirás.

Oroso pecha acordos co Goberno central para incorporar enerxía limpa á Vía VerdeEntre as iniciativas de mobilidade, Oroso impulsará estacións de bicicletas eléctricas a disposición dos que percorran a ruta e “Ademais, apostaremos polas enerxías renovables como a solar e fotovoltaica, así como a procedente da biomasa, queremos que sexa un proxecto limpo e verde en todos os aspectos”, engade o alcalde que considera “moi frutífera a reunión co IDAE, xa que apostan polos modelos de mobilidade sostible”.

A inclusión destas melloras non suporá ningún retraso na posta en marcha da Vía Verde, que irá nas próximas datas ao pleno da Deputación da Coruña para a súa licitación. As obras, das que se fará cargo o ente provincial, cun orzamento de 2,4 millóns de euros (1,86 millóns de euros de fondos Feder), suporán a construción da primeira Vía Verde da provincia, que conectará Santiago e Cerceda cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril.

“É un proxecto polo que levo loitando dende hai 14 anos e coido que en ano e medio será unha realidade; dará moito do que falar e irá sobre o trazado do ferrocarril entre A Sionlla e Cerceda, que quedou en desuso, no tramo comprendido entre Compostela, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda”, remata o alcalde, Manuel Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial