Oroso, destinará a 10 obras máis de 600.000 €

0

Oroso, 15 de maio do 2018 –  O Concello de Oroso aprobou por unanimidade, nun pleno extraordinario,  a realización de dez obras no municipio por un importe superior aos 600.000 euros procedentes do superavit do 2017.

pleno no que se aprobaron as obrasDas obras aprobadas a máis importante é a da ampliación do centro cultural Casas Novoa no que se investirán 400.000 euros. Outros traballos serán a mellora do pavimento da rúa Otero Pedrayo, no parque empresarial de Sigüeiro (53.783,54 euros); o bombeo na rede de abastecemento de auga no lugar dos Carballos-Deixebre (23.282,85 euros); e a ampliación da rede de abastecemento de auga nos núcleos de poboación de O Cachopal e Sar (Os Ánxeles), por 18.629,85 euros.

Destinaranse tamén máis de 26.000 € a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público na avenida de Compostela;  58.000 € a ampliación do alumeado público nas parroquias de A Gándara, Villarromarís, Deixebre, Trasmonte e Oroso e 30.000 € o acondicionamento do espazo da antiga escola vella de Oroso e o seu entorno.

Por último, haberá un adecentamento parcial do pavimento do parque infantil (16.129,76 euros); ampliarase a potencia eléctrica do CEIP Sigüeiro (12.705 euros), e o concello fará unha instalación eléctrica na pista de padel (5.445 euros).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies