Oroso traballa para chegar ao abastecemento en todo o concello

0

Oroso, 30 de xullo do 2020 – O concello de Oroso retomou despois dos meses de confinamento unha serie de obras que teñen como obxectivo chegar ao abastecemento en todo o concello antes de final de ano.

Na actualidade Oroso traballa na rede de suministro nos lugares de Rial, na parroquia de Trasmonte, e no núcleo de Mixoi, obras que se prolongarán durante as próximas semanas.

Oroso traballa para chegar ao abastecemento en todo o concelloO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, estivo nas obras de Rial supervisando os traballos xunto á empresa encargada. A actuación ten un orzamento de 61.442 euros, mentres que o de Mixoi é de 16.251 euros. Mirás explicou que “Tivemos que facer fronte á dispersión xeográfica do concello, pero estamos preto de pechar o ciclo de auga, conseguindo que todos os veciños e veciñas do rural teñan acceso á rede pública municipal se o necesitan”.

Como outros moitos proxectos, os traballos na rede de abastecemento sufriron un parón polo estado de alarma e o confinamento derivado da pandemia do Coronavirus, polo que o concello aproveita o verán para impulsar todas as obras pendentes.

Oroso traballa para chegar ao abastecemento en todo o concello

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial