A piscina de Oroso estará cuberta en xuño

0

Oroso, 26 de maio do 2020 – A piscina municipal de Oroso contará con cuberta no mes de xuño, coincidindo así co comezo da tempada de verán.

As obras de construción da cuberta que se están levando a cabo na piscina avanzan a bo ritmo. O alcalde da vila, Manuel Mirás,  xunto aos concelleiros de Obras, Luís Rey, e Deportes, Antonio Leira, visitaron os traballos cun representante da empresa encargada dos mesmos.

A piscina de Oroso estará cuberta en xuñoA infraestrutura estará lista en 15 días. A intención do concello e  poder abrir a instalación arredor do día 20. Os empadroados en Oroso terán prioridade, seguindo deste xeito as indicacións sanitarias da actual pandemia, e ademais terán acceso gratuíto.

Unha piscina para todo o ano

A piscina de Oroso estará cuberta en xuñoA nova cuberta, cun investimento de 210.475 euros, permitirá “desestacionalizar o uso da piscina, que estea máis meses ao ano a disposición dos orosáns”, afirmou Manuel Mirás. A instalación únese a outras melloras recentes no complexo da piscina, como a pérgola, a zona de descanso para os usuarios, ou as reformas realizadas nos vestiarios. “Cada ano aumentan as persoas que utilizan a piscina municipal e fan os cursos de natación, polo que queríamos mellorar os servizos do complexo”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial