Oroso adxudica obras en distintas estradas e vías do concello

0

Oroso, 17 de setembro do 2020 – O Concello de Oroso adxudicou diferentes obras en vías e camiños no parque empresarial e en varias parroquias  con fi de mellorar o tráfico en ese lugares.

Oroso aplicará aglomerado asfáltico no parque empresarial de Sigüeiro cun investimento de 52.138 euros. As obras durarán mes e medio e melloran unha zona necesitada da actuación pola alta densidade de tráfico pesado que sofre. Por outra banda o concello adxudicou tamén obras de aglomerado desde o núcleo de Piñeirón ata a urbanización Porto Avieira, neste caso cun orzamento de 30.000 euros.

Por último, Oroso acometerá melloras na estrada que vai desde o lugar de Cabanas, na parroquia de San Mamed dos Ánxeles, ata ponte Carneiro, limítrofe co Concello do Pino. O alcalde, Manuel Mirás, explicaba que  “Son actuacións do plan integral que desenvolvemos no Concello de Oroso para renovar de forma constante os servizos e infraestruturas municipais, tanto no casco urbano como nas parroquias”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial