O campo de fútbol de Oroso estará renovado a principios do 2020

0

Oroso, 23 de outubro do 2019 – As obras que se levan a cabo no campo de fútbol de Oroso, que supoñen unha renovación total, estarán rematadas a principios do vindeiro ano.

O investimento no campo de fútbol chega aos 428.000 euros. O alcalde, Manuel Mirás, lembra que  “Preto de 500 nenos e nenas xogan ao fútbol en Oroso; os responsables do clube Xuventude demandaron outro campo de, cando menos, 25 x 45 (fútbol 7) ao lado do campo Lino Balado, pero decidimos facer unhas instalacións moito máis grandes e mellores, respondendo con creces ás demandas deste club e outros”.

Obras campo fútbol OrosoMirás e o concelleiro de Obras, Luís Rey, supervisaron os traballos do campo, nas antigas instalacións da Penela na parroquia de Oroso. “En realidade, as obras tiñan que estar rematadas a mediados de novembro, polo que a empresa encargada debe alixeirar para cumprir os prazos e que polo menos o campo esté listo a comezos do 2020”, apunta Mirás.

“Co novo campo lle atoparemos unha saída á masificación do Lino Balado, xa que precisábamos doutra instalación onde dar resposta ás necesidades tanto das nosas escolas deportivas como doutros equipos do concello”, explica Luis Rey. 

Traballos

Tras acondicionarse o terreo cunha base de zahorra, co obxectivo de dotar ao campo das pendentes adecuadas e asegurar a súa durabilidade, instalarase herba artificial de última xeración, unha nova rede de drenaxe e un sistema de rego automático.

As reformas no campo inclúen tamén a colocación de 20 proxectores LED, que permitirán dotar de iluminación á instalación, e novo equipamento deportivo, como porterías, banderíns e banquillos.

O antigo edificio tamén está sendo reformado e terá dous vestiarios para o equipo local e o visitante, ambos accesibles e dotados dunha cabina de ducha adaptada, un vestiario para árbitros, unha zona de cafetería con aseos e dous almacéns.

O novo campo de fútbol medirá 100 metros de largo e 50 de ancho, mentres que os mínimos que esixe a UEFA son de 90 x 45. O Concello de Oroso renova e mellora de forma continuada as instalacións deportivas municipais, onde practican deporte de forma habitual 1.400 persoas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial