O Oroso Tenis de Mesa volve á división de honra

0

Oroso, 19 de maio do 2020 – O Oroso Tenis de Mesa Feminino de tenis de mesa recibiu a comunicación da Real Federación que na vindeira tempada ocupará praza na División de Honra Nacional.

A Federación decidiu no mes de abril suspender todas as ligas nacionais e determinar a clasificación dos equipos en función do posto ocupado en ese momento e o coeficiente dos partidos gañados e perdidos.  O Oroso Tenis de Mesa, tras pasar toda a tempada no primeiro posto da clasificación do seu grupo de 1ª Nacional Feminina, nunha situación normal tería que acudir á fase de ascenso á División de Honra pero as medidas extraordinarias derivadas da pandemia fixo que a Federación concedese o ascenso directo.

O Oroso Tenis de Mesa volve á división de honraDesta forma, o Oroso ABANCA, ten agora por diante un duro camiño, que será o de conseguir os fondos necesarios para poder disputar tan esixente categoría. A situación é complicada tendo en conta a crise actual que provocou o drástico descenso dos ingresos por patrocinadores privados así como das axudas das administracións públicas.

Desde o club explican que  “É moi difícil poder asegurar un orzamento que nos permita saír a competir nunhas mínimas condicións por toda España, cando nos vimos obrigados a parar a nosa actividade, nin tan sequera nestes momentos podemos adestrar ou saír á rúa para buscar apoios”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial