займ срочно

Oroso pecha o 2020 con máis de un millón de euros de remanente

0

Oroso, 22 de febreiro do 2021 – O concello de Oroso rematou o ano 2020 cun remanente de tesourería de 1.313.367 euros e con intención de acometer rebaixas fiscais.

Os bos resultados acadados na xestión financeira do 2020 permitirá aplicar no presente exercicio distintas medidas e exencións fiscais. A rebaixa no IBI e no recibo do lixo e unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica, para os automóbiles eléctricos e híbridos, son algunhas das que beneficiarán á veciñanza de Oroso.

imaxe do concello de OrosoTamén haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. Todas estas medidas fiscais terán un impacto superior aos 200.000 euros.

Outras medidas de apoio

Á marxe das axudas, desde o pasado mes de marzo o concello tomou medidas como o reparto gratuíto de máis de 22.000 máscaras e material EPI (hidroxel e luvas), ou a desinfección do centro de saúde, os espazos públicos e os arredores dos establecementos esenciais, que supuxeron un investimento por parte do concello de máis de 125.000 euros.

O gasto do Concello de Oroso entre medidas directas, axudas, o Plan Reactiva e outras bonificacións supera os 230.000 euros desde o comezo da pandemia.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destaca que “os datos amosan a fortaleza económica das arcas municipais e a xestión responsable por parte do noso grupo de goberno, a próxima semana daremos a coñecer os orzamentos para o ano 2021”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies