Oroso pecha o ano 2018 con superavit e un remanente de tesourería de máis dun millón de euros

0

Oroso, 28 de marzo do 2019 – O Concello de Oroso pechou o ano 2018 con superávit e un remanente de tesourería de 1.340.852,16 do que destinará máis de medio millón a obras e diversas melloras.

Os primeiros traballos para o novo auditorio, a pavimentación de rúas e camiños en Sigüeiro e nas parroquias, e a renovación de parte do alumeado público son algunhas das inversións que sairán do remanente de tesourería conseguido. Según o alcalde, Manuel Mirás, “Queremos investir tamén o resto, 749.485 euros, pero para iso todos os concellos necesitamos a autorización do Goberno central, unha demanda que lle fixo chegar a Federación Española de Municipios e Provincias(FEMP). Se temos permiso, todo o remanente será para obras demandadas polos veciños”, sostén.

Menos impostos

Mirás explica ademáis a baixa presión fiscal “das máis baixas da comarca a pesares da ampla programación que ofrecemos aos veciños, estamos en 344,72 euros por habitante, mentres que a media galega é de 439,74 euros e a estatal de 588,34 euros. Temos un concello saneado e económicamente sostible, non gastamos o que non debemos e facemos unha xestión muy estudada dos recursos públicos cos que contamos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial