Oroso pide aos veciños que manteñan limpas as fincas para evitar os riscos de incendio

0

Oroso, 6 de xullo do 2018 – O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, ven de emitir un bando no que lembra aos veciños as obrigas que a Consellería de Medio Rural da Xunta impuxo este ano no relativo á limpeza de fincas e parcelas para evitar incendios forestais.

No bando explícase que “se nun curto prazo de tempo os titulares non acometen os traballos de limpeza das fincas, a lei informa de que poderá procederse á execución subsidiaria dos mesmos, repercutindo os custos ás persoas responsables” , aínda que se trata dunha normativa autonómica a responsabilidade foi delegada nos concellos que son os que teñen que comprobar que se cumpra a ordenanza.

Desde Oroso critícase que pese a que se delegou a obriga nos municipios estes non recibiron ningún tipo de axuda. Mirás explica que “A loita contra os incendios é unha prioridade para o goberno local e pedímoslle responsabilidade aos titulares das fincas, xa que entramos nun período de alto risco de incendios”. O alcalde engade que ” o que non se pode é solucionar o problema trasladando de golpe a responsabilidade aos municipios ou abrindo expedientes aos veciños”

O Concello de Oroso colabora coa Xunta na loita contra os lumes forestais, pois nos últimos anos conta cunha brigada contra incendios e a agrupación municipal de voluntarios de Protección Civil está alerta para unha primeira intervención rápida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial