A piscina municipal de Oroso será este ano gratuita

0

Oroso, 11 de xunho do 2020 – O concello de oroso celebrou un pleno extraordinario no que se decidiu a gratuidade da piscina municipal en esta ano tan excepcional.

A corporación aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa da piscina municipal. Esta decisión conleva que este verán a entrada sexa gratuita como apoio ás familias.

 Unha vez rematadas as obras da nova cuberta, cun investimento de 210.475 euros, a piscina abrirá nos últimos días de xuño.

A piscina municipal de Oroso será este ano gratuíta O concello está pendente das indicacións das autoridades sanitarias para decidir como será a entrada ao recinto, posiblemente por cita previa e diferentes quendas. Algo do que se terá máis información nos próximos días, tanto do procedemento como dos cursos de natación do verán.

 O grupo de goberno agradeceu o talante e a dispoñibilidade de todos os grupos políticos da corporación na sesión plenaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial