займ срочно

Oroso pon en marcha un plan de prevención e defensa de incendios

0

Oroso, 29 de xullo do 2019 – O Concello de Oroso vén de poñer en marcha un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, un extenso documento de traballo para previr e actuar contra o lume.

En palabras do alcalde, Manuel Mirás, “Despois de moitos meses de traballo, temos un plan que se adecúa ás novas esixencias da Xunta e o Goberno, con recomendacións e información detallada sobre a prevención de incendios. Cumprindo a lexislación autonómica garantimos o control da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco e protexer a seguranza das persoas”.

incendiosOroso levará a cabo “nunha serie de accións sobre o territorio que buscan organizar a xestión da biomasa en zonas estratéxicas, especialmente aquelas declaradas de alto risco de incendio”.  A redacción do Plan pretende aportar un documento que conteña as accións necesarias para a defensa contra os incendios forestais efectuando unha análise da situación actual, establecendo unha zonificación do territorio como marco das directrices de actuación a realizar para acadar os obxectivos propostos.

“Pedímoslle responsabilidade aos titulares das fincas, xa que entramos nun período de alto risco de incendios”, afirma Mirás, que lembra aos veciños do municipio as obrigas que a Consellería de Medio Rural da Xunta impuxo o ano pasado no relativo á limpeza de fincas e parcelas para evitar incendios forestais. Mirás sostén que “se os titulares non acometen os traballos de limpeza das fincas, a lei informa de que poderá procederse á execución subsidiaria dos mesmos, repercutindo os custos ás persoas responsables”. 

O Concello de Oroso colabora coa Xunta na loita contra os lumes forestais, pois nos últimos anos conta cunha brigada contra incendios e a agrupación municipal de voluntarios de Protección Civil está alerta para unha primeira intervención rápida. “Dito isto, non é xusto trasladar toda a responsabilidade aos municipios ou abrindo expedientes aos veciños”, engade Manuel Mirás, que lamenta a nula axuda que os concellos reciben da Xunta. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies