Oroso destinara medio millón de euros a obras municipais

0

Oroso, 13 de decembro do 2019 – O cerca de medio millón de euros que o Plan Único da Deputación outorga a Oroso será destinado na súa totalidade a obras municipais sen dedicar nada a gasto corrente.

Según o alcalde, Manuel Mirás,  “Aínda que a Deputación o permite, non dedicaremos nin un só euro a gasto corrente, incluso desde o Concello aportaremos cartos para completar o plan”. As obras municipais incluídas serán levadas a un pleno a vindeira semana.

As partidas irán a diferentes proxectos, no centro e nas parroquias, como as melloras na rede viaria en Oroso Pequeno, Oroso de Abaixo e avenida de Castelao; e a instalación dun novo pavimento na avenida Álvaro Cunqueiro e na praza de Isaac Díaz Pardo.

As melloras na rede viaria chegarán tamén a Cabanas, Sar (Os Ánxeles); San Román de Abaixo (Pasarelos), Ventosa (Cardama), Oroso Pequeno (A Gándara), o Barral (Villaromarís), e a urbanización Porto Avieira.

Por outra parte, haberá obras para ampliar a calzada de parte do vial que une os núcleos de Piñeirón e Carollo (Cardama), e dentro do plan complementario, traballos para mellorar a rede viaria nos lugares de A Igrexa e Bouzalonga, así como a ampliación do vial entre os núcleos de Requeixo e Eirís (Cardama).

“Somos un concello saneado económicamente a pesares de que temos unha presión fiscal que está entre as máis baixas de Galicia, por iso podemos adicar este tipo de plans a mellorar as infraestruturas e os servizos básicos, non a gasto corrente ou a pagar débedas”, explica Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial