займ срочно

Oroso destina máis de 50.000 € a melloras e axudas en cultura e deporte

0

Oroso, 17 de outubro do 2019 – O Concello de Oroso aprobou nun pleno extraordinario e urxente un modificativo de crédito de 50.251 euros para afrontar diferentes gastos de mantemento nas infraestruturas deportivas, axudas aos clubs locais e mellorar servizos culturais e de ocio.

O portavoz do equipo de goberno, Antonio Leira, explicaba no transcurso da sesión que “Temos moitas demandas e queremos cumprir cos clubs, que necesitan material e unhas infraestruturas adecuadas; con este modificativo facilitaremos axudas para a práctica do hóckey, patinaxe, tenis de mesa, baloncesto ou fútbol, por poñer varios exemplos. Máis de 1.300 persoas practican deporte en Oroso e desde o concello temos que ter as portas abertas para atender as demandas das entidades que traballan neste eido”.

Ademais do investimento en deportes, parte do modificativo irá para melloras en servizos de ocio e culturais “co obxectivo de completar unha programación diversa, con actividades, cursos e obradoiros nos que participan moitos veciños e veciñas”. Os 50.251 euros proceden doutras partidas menos urxentes a día de hoxe, “e lamentamos o voto en contra de Oroso Renovable é PP, que non queren ver o que supón esta axuda ao deporte e a cultura”.

O pleno foi urxente e extraordinario porque o concello estaba pendente da incorporación do interventor municipal tras uns días fóra. Por outra parte, a sesión non podía coincidir coa que se celbra hoxe, convocada para fixar as mesas electorais do 10 de novembro, xa que a lexislación o impide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies