Oroso realizará melloras en infraestruturas e alumeado público en Deixebre

0

Oroso, 20 de novembro do 2018 – O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, anuncioulle aos veciños de Deixebre melloras nas infraestruturas da parroquia e no alumeado público durante un Café co Alcalde, unha iniciativa que retoma para dar coñecer os proxectos municipais e coñecer as inquedanzas da cidadanía.

Mirás explicou en Deixebre  actuacións como a instalación dunha nova marquesiña en Vilar de Arriba, melloras no parque infantil e no piso da escola, auga corrente na igrexa e o reforzo do alumeado público no lugar de Vilar de Abaixo que se cometerán proximamente.

O alcalde tamén falou das xestións realizadas coa Consellería de Industria para atallar os cortes de luz ou da nova circunvalación en Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla. Este proxecto substituirá ao dunha estrada alternativa á N-550 desde Ordes Sur a Marantes, que non era do agrado dos veciños.

Mirás tamén anunciou ante máis de medio centenar de persoas que nos vindeiros días está previsto sacar a licitación a modificación do PXOM nas parroquias de Deixebre, Trasmonte e en Oroso, sempre tendo en conta que a aprobación definitiva depende da Xunta de Galicia.

Pola súa parte, os veciños aproveitaron a ocasión para preguntar por algúns proxectos, como o caso da citada circunvalación, que foi o que máis debate e interese suscitou, así como para facer varias peticións e reclamacións ao alcalde: farois nalgúns puntos da parroquia, o arranxo de fochancas, o aumento das prazas de aparcamento preto da escola, alcantarillado na zona dos Carballos, sinalización viaria, novos pasos de peóns e pintado dalgúns xa existentes, e a limpeza de pistas e cunetas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial