займ срочно

Oroso reclama que se cubran as baixas de pediatría no centro de saúde

0

Oroso, 25 de abril do 2019 – O concello de Oroso ven de esixir que se cubran as baixas de especialistas que teñen ao centro de saúde do concello sen serviz de pediatría desde hai días.

En palabras do alcalde, Manuel Mirás “É normal que estean de baixa, están no seu dereito, só faltaría se teñen motivos para elo, pero a Consellería de Sanidade ten que repoñer as facultativos e manter o servizo de pediatría”.

O alcalde lembra que son un dous poucos concellos con crecemento vexetativo polo que “afortunadamente hai moitos nenos e nenas que viven en Oroso, pero os que se poñen enfermos son atendidos este días por facultativos de medicina xeral ou teñen que desprazarse a centros sanitarios doutros concellos”. Mirás engade que “Falamos dunha necesidade básica,  temos un grave problema coa sanidade pública en Galicia por culpa dun goberno autonómico ao que non lle preocupan os concellos”.

O Concello de Oroso tentou poñerse en contacto con algún directivo da Consellería de Sanidade, pero non o conseguiu ata o momento “Non sabemos onde está o portavoz do PP, o señor Doval, que é sempre moi rápido para criticar temas menores pero nesta ocasión está calado; espero que chame á Consellería de Sanidade para esixir unha solución inmediata”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies