Oroso reclama que se inclúa o novo centro de día e a EDAR de Sigüeiro nos orzamentos da Xunta.

0

Oroso, 29 de novembro do 2018 –  O Concello de Oroso demandou, a través das emendas presentadas polo grupo parlamentario socialista aos orzamentos da Xunta para o ano 2019, a construción dun novo centro de día, así como melloras no saneamento do rural e na Edar de Sigüeiro.

En palabras do alcalde Manuel Mirás “A Xunta ignora Oroso a pesares do noso crecemento vexetativo, nos últimos anos tivemos moi poucos investimentos do goberno autonómico no noso concello, é unha situación inxusta que ten que cambiar. En nove anos, nin Augas de Galicia nin ningunha consellería da Xunta aportou nada ao Concello de Oroso para obras de saneamento e abastecemento”. As demandas do concello para saneamento no rural chegan aos 400.000 euros nos que se inclúen os 150.000 necesarios para as melloras na EDAR de Sigüeiro. Mirás lembra que “Os veciños e veciñas de Oroso fan un esforzo importante desde hai cinco anos a través do canon da auga, pero o concello non recibiu nin un só euro e na Edar de Sigüeiro a Xunta fixo unhas obras hai máis de sete anos pero as deixou mal”.

Á marxe destas peticións, o Concello de Oroso demanda un investimento de 700.000 euros nos orzamentos da Xunta para a posta en marcha dun novo Centro de Día no municipio. “A política social recae en gran medida nos concellos, outro aspecto que ten que cambiar, non hai un equilibrio”, remata Manuel Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial