займ срочно

Oroso presenta un  sistema de recollida dos excrementos das mascotas pioneiro en Galicia

0

Oroso, 5 de xuño do 2017 –  O Concello de Oroso presenta un sistema para a recollida dos excrementos das mascotas que é pioneiro en Galicia e moito máis ecolóxico, xa que está feito de cartón reciclado e substituirá ás tradicionais bolsas de plástico.

Os concelleiros de Urbanismo, Antonio Leira, e de Ensino, Beatriz Rodeiro, presentaranlle o sistema aos nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro e do CEIP do Camiño Inglés.

O sistema “Ecopoop”, deseñado e patentado por unha empresa valenciana, é un recolledor de cartón reciclado que axuda a minimizar, tanto visualmente como de forma táctil, a tarefa de recoller as deposicións das mascotas na vía pública xa que se trata dunha barreira sólida de cartón entre o usuario e o excremento.

O sistema funciona como unha pinza e, grazas ao seu peche fácil, permite selar o contido e convertelo nunha caixa con asas fácil de depositar nun colector para residuos orgánicos, para que se desecompoña na súa totalidade.

Este novo sistema, que se implantará por primeira vez en Galicia, irá acompañado dunha campaña informativa do Concello de Oroso denominada “Eu si que o fago…” para concienciar a veciñanza da importancia de non deixar os excrementos no chan.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies