Oroso entra na rede Doing Business Galicia promovida pola Fegamp e a Xunta

0

Oroso, 26 de abril do 2018 – O concello de Oroso recibiu a acreditación para formar parte da rede de municipios emprendedores Doing Business Galicia, impulsada desde a Federación Galega de Municipios e provincias e a Xunta de Galicia.

Coa participación na rede Doing Business Oroso poderá poñer en marcha programas que poden supoñer rebaixas de impostos de ata un 95% para aquelas empresas que se instalen no concello ou xeren novo emprego. O alcalde, Manuel Mirás, explicaba o impulso que pode supoñer para o municipio “Queremos que esta medida sirva para completar os polígonos de Sigüeiro e Oroso Pequeno, ademais de impulsar o desenvolvemento do polígono San Martiño II de Oroso, pero poderán beneficiarse tamén das rebaixas fiscais os investimentos empresariais noutros lugares do municipio, non só nos polígonos”.

Oroso xa modificou as ordenanzas fiscais reguladoras do IBI, o IAE e o imposto sobre Construcións, as tres taxas sobre as que se aplicarán as bonificacións durante un período máximo de tres anos. A porcentaxe de rebaixa dependerá dos postos de traballo creados pola empresa “Esperamos captar novos investimentos para Oroso e o concello ten que axudar a aquelas empresas que teñan o obxectivo de xerar novos postos de traballo, a importante mellora das comunicacións derivada da apertura do enlace sur da AP-9 e ademais un engadido as posibilidades de Oroso”.

Segundo figura no protocolo impulsado pola Fegamp e a Xunta de Galicia, deben ser as empresas interesadas as que soliciten as bonificacións fiscais e será o pleno municipal o que aprobe a súa concesión. “Pola nosa parte, o concello comprométese a outorgar as licenzas necesarias no menor tempo posible”, engade Manuel Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial