Oroso pecha o 2019 con superavit e a vindeira semana presentará os orzamentos 2020

0

Oroso, 6 de marzo do 2020 – O concello de Oroso pechou o 2019 con superavit e un remanente de máis de 800.00 euros e anticipa que a semana que ven presentará os orzamentos do presente exercicio.

O alcalde, Manuel Mirás, destacaba a importancia do superavit “os datos amosan a fortaleza económica das arcas municipais e a xestión responsable por parte do noso grupo de goberno”. Tamén explicou os retrasos na presentación dos orzamentos “A próxima semana daremos a coñecer os orzamentos para o ano 2020, non o fixemos antes porque estabamos á espera de ver se o goberno central cambiaba a regra de gasto, xa que é inasumible que non poidamos investir os aforros que ano a ano acumulamos”.

Un remanente de máis de 800.000 euros

O Concello de Oroso pechou o ano 2019 con superávit e un remanente de tesourería de 849.128,48 euros afectado polas limitacións de gasto da lexislación actual. Mirás pide cambios que permitan un uso máis flexible dos fondos e lamenta que “os veciños non poidan disfrutar de melloras que poderiamos executar con eses fondos, que están inactivos nas entidades financeiras. Quero facer unha vez máis un chamamento para que o goberno cambie dunha vez a lexislación e os concellos poidan investir os fondos dos remanentes en beneficio da veciñanza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial