Oroso remata a pasarela cuberta do ceip de Sigüeiro ao pavillón polideportivo

0

Oroso, 8 de xaneiro do 2019 – O Colexio de Educación Infantil e Primaria e o pavillón polideportivo de Oroso xa están unidos pola pasarela cuberta que o concello ven de rematar.

O alcalde Manuel Mirás explicaba que esta pasarela cuberta “é unha vella reivindicación dos pais e nais que teñen nenos e nenas no centro. A obra retrasouse debido aos trámites burocráticos, polos problemas que xurdiron pola nova Lei estatal de Contratos e pola complexidade da posta en marcha da administración electrónica, o que provocou unha demora en moitos traballos dos concellos, pero por fin está rematada”.

O proxecto contou cun orzamento próximo aos 85.000 euros e permitirá, sobre todo nos meses de inverno, que os cativos poidan pasar do colexio ao pavillón sen mollarse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial