Oroso remata a reforma do campo de fútbol de Villaromariz

0

Oroso, 26 de febreiro do 2019 – O Concello de Oroso ven de rematar as obras de reforma do campo de fútbol situado na parroquia de Villaromariz.  

O campo de Villaromariz recibiu nos últimos meses  un novo céspede natural e reformáronse os vestiarios dunhas instalacións que normalmente son utilizadas para os torneos de veteranos da comarca.

O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, visitaron o campo para ver o resultado dos traballos “Seguimos coa mellora de todas as infraestruturas a disposición da veciñanza; durante anos puxemos en marcha instalacións que agora toca modernizar para que sigan en boas condicións, pronto faremos tamén reformas no campo de fútbol de Deixebre”, indicou Mirás engadindo que “Todos os servizos e espazos públicos que existen no Concello de Oroso teñen que ser aproveitados pola cidadanía, polo que estamos dispostos a investir na súa reforma”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial