Oroso, 5 de abril do 2021 – O concello de Oroso ven de rematar as obras de mellora da rede viaria nas parroquias de Deixebre e A Gándara.
Os traballos levados a cabo polo concello de Oroso serviron para renovar o camiño que discorre desde o lugar de Oroso de Abaixo (A Gándara) ata o vial de acceso ao núcleo da Igrexa (Deixebre). As obras tiveron un orzamento de 118.420 euros.
Trátase dun camiño en mal estado e a actuación consistiu nunha pavimentación con rego asfáltico para conseguir unha capa de rodadura máis estable e segura, dando resposta ás demandas veciñais.
O concelleiro de Obras de Oroso, Luis Rey, explica que “a mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o concello acometemos de forma continua proxectos de mellora da rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes”.