Oroso continúa coa renovación do alumeado público con tecnoloxía LED

0

Oroso, 3 de setembro do 2019 – O Concello de Oroso deu un novo impulso á renovación da súa rede de alumeado público no conxunto do municipio con tecnoloxía LED incorporando novas vías a un proxecto pensado para os próximos meses.

En este caso as luminarias LED chegaron ao tramo que une a urbanización Porto Avieira e Falmega.

Oroso LEDO alcalde, Manuel Mirás, explica que se trata “dun proxecto por fases para substituír toda a rede de alumeado público no concello, mellorando desta forma a visibilidade, a seguridade e os servizos para todos os veciños e veciñas”.

O uso da tecnoloxía LED cumpre ademais coas normativas europeas de eficiencia enerxética e respecto ao medio ambiente. “Coas luminarias LED, melloramos a visibilidade e a calidade de servizo, reducindo a contaminación nocturna e a factura eléctrica, ademais de cumprir as recomendacións de todos os organismos internacionais”, engade Mirás.

Durante as próximas semanas, continuarán os traballos por fases para renovar o conxunto da rede pública de alumeado en Oroso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial