Oroso reparte dispensadores de hidroxel

0

Oroso, 11 de maio do 2020 – O concello de Oroso comezou o reparto de dispensadores de hidroxel nos comercios do concello que xa están abertos.

Oroso engade este reparto ao de material de protección como mascarillas, luvas, batas e pantallas. O reparto faise a través do persoal de Protección Civil e os dispensadores chegarán a todos os establecementos: comercios, supermercados, perruquerías, bares, restaurantes, etc….

Oroso reparte dispensadores de hidroxelA primeira quenda de reparto é de 50 dispensadores, pero o concello recibirá outros 70 nas próximas datas, polo que ningún establecemento quedará sen o aparato.

Oroso reparte dispensadores de hidroxel O concello estuda outras medidas e ten como obxectivo que todos os establecementos abran coas medidas de protección e hixiene necesarias para preservar a saúde da veciñanza e dos traballadores e traballadoras do comercio local.

Oroso reparte dispensadores de hidroxel

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial