Oroso reactiva o Camiño Inglés cunha andaina

0

Oroso, 6 de xullo do 2020 – O concello de Oroso organizou unha andaina baixo o lema Camiño Inglés Seguro para reactivar esta ruta tras a crise do Covid19.

Na andaina participaron o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, así como diferentes alcaldes e concelleiros dos 18 municipios polos que pasa o Camiño Inglés.

Oroso reactiva o Camiño Inglés cunha andainaEsta actividade serve tamén para sustituir ao evento Primavera no Camiño Inglés; unha actividade que reunira a milleiros de persoas os últimos anos, primeiro en Betanzos e logo en Pontedeume e que estaba previsto celebrarse este 2020 en Ferrol. Ao mesmo tempo que a andaina de Oroso, os 18 alcaldes percorreron nos seus concellos o roteiro acompañados dun máximo de 49 persoas.

“O Camiño Inglés recupera a súa vitalidade, manifestou Manuel Mirás, rexedor de Oroso, e faino desde Ferrol e A Coruña ata Compostela, todos a un tempo, porque transmitir ao mundo enteiro que este roteiro xacobeo é seguro é labor de todos”.

Oroso reactiva o Camiño Inglés cunha andaina“Desde a Asociación de Concellos do Camiño Inglés, queremos que todos os concellos estean incorporados na entidade, uns dous diamantes en bruto en Galicia son os Camiños de Santiago e loitaremos todos xuntos para seguir crecendo dunha forma segura, agradecemos o apoio que todas as institucións está a brindarnos”, asegurou Manuel Mirás, presidente da entidade.

Oroso reactiva o Camiño Inglés cunha andainaActo seguido, o vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apuntou a necesidade da colaboración institucional e o gran traballo que está a realizar a Asociación. Celebrou que teña unha xerencia profesional e que estea traballando na realización destas iniciativas “O Camiño Inglés ten unha capacidade de medrar e unhas potencialidades enormes e celebro todo ou traballo que a entidade está levando a cabo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial