Oroso felicita Sara Gacio Cendal medalla de bronce no Open de España 2017 de taekwondo

0

Oroso, 30 de marzo do 2017 –  O Concello de Oroso felicita á orosá Sara Gacio Cendal, deportista do Club de Taekwondo Boudsport, que vén de conseguir a medalla de bronce no XV Open Internacional de España disputado esta fin de semana no pavillón Pitiu Rochel de Alacante.

O evento estivo organizado pola Real Federación Española de Taekwondo e reuniu a 2.500 deportistas de máis dunha vintena de países procedentes dos cinco continentes.

Sara Gacio conseguiu a medalla de bronce en combate, no que foi o seu debut na categoría júnior de menos de 55 quilos que gañou Lidia Campillo Sánchez. Deste xeito, a loitadora orosá repite o éxito acadado o pasado mes de decembro no Campionato de España por Clubs, onde tamén logrou a medalla de bronce en combate, nesa ocasión na categoría cadete de menos de 55 quilos.

 Sara Gacio Cendal, de 15 anos e veciña de Deixebre, foi distinguida en 2016 polo Concello de Oroso como mellor deportista do ano na III Gala do Deporte. Un ano no que a deportista orosá tamén conseguiu a medalla de ouro no Open Internacional de Moaña e a medalla de prata no Torneo Cidade da Coruña.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial