Oroso sementa igualdade

0

Oroso, 15 de xaneiro do 2020 – A Concellería de Mulleres, Ensino e Benestar Social do Concello de Oroso presenta a campaña En Oroso sementamos igualdade, unha acción de  concienciación cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.

A iniciativa  ten como obxectivo achegar de xeito directo ás familias a información e ferramentas necesarias para facer fronte a situacións de violencia de xénero e educar en igualdade. A Concellería de Mulleres, Ensino e Benestar Social está a distribuír mil exemplares do manual de bos usos, xunto con 70 carteis anunciadores da acción, entre os comercios do concello e os centros educativos.

Manual de boas prácticas

Campaña Oroso sementando igualdadeO manual de boas prácticas é unha guía de referencia destinada a que a cidadanía dispoña de suficientes recursos na súa vida cotiá para abordar situacións nas que se produce a violencia de xénero. Contén información precisa e sinxela para comezar a cambiar as actitudes e comportamentos, así como o coñecemento necesario para ser quen de recoñecer e distinguir o machismo, cambiar a mentalidade e “conformar unha vila máis igualitaria, positiva e construtiva”.

 A guía vai acompañada dun cartel co fin de que situen xuntos nun lugar visible dos escaparates comerciais, bibliotecas, centros de traballo ou centros escolares, a fin de que funcione como recurso de consulta ao longo do tempo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial