Oroso, 18 de novembro do 2019 – O temporal que azotou Galicia cebouse en Oroso con máis de 70 intervencións de Protección Civil.
A xornada do pasado xoves foi a pior e tanto a brigada de obras municipal como a Policía Local e a Agrupación de Protección Civil tiveron que emplearse a fondo.
Os motivos foron variados, desde árbores caídos nas estradas polo vento, inundacións, colectores ou outro tipo de mobiliario urbano desprazado e causando problemas, e incluso unha saída ata o centro social de San Román, con danos importantes pola caída dunha árbore.
O Concello de Oroso agradece o intenso traballo e a celeridade coa que acudiron ás demandas veciñais, co único obxetivo de protexer á cidadanía de Oroso.
Por outra parte, desde o concello lamentan o mal estado de mantemento das redes de empresas como Telefónica ou Naturgy (antiga Unión Fenosa), o que provoca diferentes problemas en días de mal tempo.