Oroso traballa no que será o seu novo auditorio

0

Oroso, 31 de maio do 2019 –  As obras para a ampliación do centro cultural Fernando Casas Novoa de Oroso deron comezo hai uns días, co obxectivo de poñer en marcha un novo auditorio con capacidade para 200 persoas.

O proxecto consta de dúas fases. Na primeira delas construirase o auditorio no espazo que ocupa a sala de usos múltiples. Nunha segunda fase, a sala de usos múltiples pasará á planta baixa ademais de ampliarse a Biblioteca Municipal. O investimento total nos traballos será de 519.653,37 euros.

“Temos unhas contas saneadas e un remanente de tesourería que nos permite realizar novos investimentos, como é esta ampliación do centro cultural, tendo en conta sempre as demandas dos nosos veciños”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Durante as obras, o Concello de Oroso tomará as medidas necesarias para que continúe a programación cultural. O novo auditorio permitirá a chegada de novos espectáculos ao municipio e a sala de usos múltiples seguirá sendo moi importante para a celebración de exposicións, entregas de premios, xornadas ou conferencias.

Para o grupo de goberno socialista, a cultura sempre foi unha prioridade, tal e como reflicte o seu amplo programa de actividades e a masiva asistencia de veciños e veciñas ás obras de teatro ou ás actuacións musicais.

“O ensino e a cultura son fundamentais para as novas xeracións, o auditorio é un proxecto emblemático para o noso grupo de goberno e temos moitas gañas de que sexa unha realidade”, engade Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial