займ срочно

Protección Civil leva retirados 130 niños de velutinas en Oroso

0

Oroso, 14 de novembro do 2019 –  A Agrupación de Protección Civil do Concello de Oroso leva retirados no que vai de ano 2019 un total de 130 niños de vespas velutinas.

Ademais destes traballos de retirada, a agrupación, cando detecta ou recibe información sobre a existencia dun niño de velutinas, inxecta un insecticida ecoambiental, xa que non dana nin os árbores nin a froita.

“O insecticida é efectivo xa que o niño queda infectado e cando regresan as velutinas morren”, aseguran en Protección Civil, que demandan á cidadanía que cando vexan un niño “actúen con celeridade pero nunca con pánico, sen perder a tranquilidade”.

Protección Civil mantén a recomendación de chamar ao Concello (981 69 14 78) ou ao 112 cando se observe a existencia dun niño de velutina. “É fundamental contar con estas notificacións e, de feito, a gran maioría de niños retiráronse tras informacións veciñais”, advirten.

A vespa asiática fai con frecuencia os niños en lugares de acceso complicado, como árbores altos ou a nivel do chan, polo que desde Protección Civil piden precaución aos que traballan no monte coas labores de desbroce. Neste ano se retiraron tamén niños en cubertas de cuadras ou en pajares.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, eloxia o traballo de Protección Civil. “Aínda que despois a Xunta presume da retirada dos niños, o traballo faise desde os concellos”, afirma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies