Oroso viaxa un ano máis de Tapa en Tapa

0

Oroso, 31 de maio do 2018 – O concello de Oroso pon en marcha un ano máis o concurso de Tapa en Tapa que se celebrará as dous próximas fin de semana.

Participan en de Tapa en Tapa 8 locais de hostalería de Oroso. O horario de degustación será os venres de oito da tarde a once e media da noite; os sábados de 12:00 a 15:00 horas e tamén de oito a once e media da noite; finalmente os domingos só se servirán tapas de doce do mediodía a tres da tarde. O prezo por tapa é de 1 euro.

Establécense os premios do público e do xurado. Para participar na votación o público terá que ter polo menos 4 selos correspondentes a outros tantos locais. Os dous premios, o do público e o do xurado, teñen unha cuantía de 300 euros para o gañador e os locais que participan so poderán recibir un deles. No caso de empate os premios poderán ser divididos.

Entre as votacións dos clientes, as tarxetas de votación seladas e entregadas, sortearase unha tablet, un bono regalo para unha estancia nun balneario ou lugar similar, e 4 vales de compra en supermercados do concello (2 de cen euros e 2 de 50 euros).

Os locais que participan en esta edición son a Adega O Ribeiro, o Bar Tapas, o Bar Xardín, a Cafetería 6 ríos, o Mesón Tambre, o Café de Manuela, o Restaurante Cafetería Mirás e o Sigü Café, todos eles en Sigüeiro.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies