Oroso organiza oito xornadas formativas gratuítas para a creación de emprego

0

Oroso, 22 de novembro do 2017 – Oroso organiza oito xornadas formativas gratuítas para fomentar a creación de emprego, que estarán abertas á participación de toda a veciñanza que o desexe.

Unhas xornadas formativas que terán lugar en horario de 10:00 a 14:00 horas na aula CeMIT Sigüeiro. Para participar só é preciso apuntarse na propia aula, no teléfono 981 688 950 ou no mail cemit.oroso@xunta.es.

A concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro, explica que “o obxectivo é que as persoas que participen poidan coñecer que oportunidades de negocio ofrece a novo paradigma laboral axeitándose ás novas tendencias do mercado”. Así, trataranse temas como o crecemento intelixente, integrador e sustentable, co obxectivo de potenciar a creación do emprego baseada na innovación de produtos e servizos e así poder enfrontar os grandes retos en cada poboación.

As oito xornadas son:

 

22 de novembro: Creación de ideas de negocio viables.

23 de novembro: Desenrolo de prototipos de negocio.

27 de novembro: Planificación de accións e plans comerciais.

29 de novembro: Plan de marketing para o inicio do negocio.

4 de decembro: A proba de produto/servizo. Introdución ao product test.

11 de decembro: A proba de produto/servizo. Introdución ao market test.

13 de decembro: Idea de empresa (formas xurídicas e trámites de constitución).

18 de decembro: Elaboración do plan de empresa.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies