Por primeira vez o orzamento de Touro recibe alegacións

0

Touro, 10 de febreiro do 2018 –  Desde que comezara a transición é a primeira vez que o orzamento de Touro reciben alegacións, foi o grupo En Marea Touro o que presentou diferentes enmendas ao documento.

Para En Marea que nunca se presentaran alegacións ao orzamento débese a que “os sucesivos gobernos da dereita nunca se preocuparon por fomentar unhas institucións abertas e democráticas senón caciquís e ao servizo deles mesmos”.

As alegacións recollen cuestións de diversos ámbitos. A primeira delas consiste na creación dun cadro de persoal e R.P.T. dun departamento ou servizo municipal que atenda e xestione as necesidades e problemas urbanísticos e medio ambientais, ao xuízo de En Marea-Touro “máis que evidentes”. Tamén propoñen destinar unha parte dos presupostos  á creación de bolsas de estudo para aqueles mozos que cursan estudos universitarios ou de formación profesional e que teñen menos recursos.

Por outra banda, tamén reflicten que o orzamento recolle uns “escasísimos” 6.000€ para vivenda. En Marea Touro recorda que en agosto instaron ao Concello para “solicitar as axudas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo convocaba para a realización de obras de reparación”. “Non tivemos ningún tipo de resposta”, afirman desde a agrupación. Nesta liña solicítase na alegación unha suba de 54.000€ nesta partida, ata os 60.000€.

Outra das cuestión que preocupa a En Marea Touro é que se destinan 16.000 € á publicidade e propaganda do patrimonio histórico artístico. Para a agrupación é insuficiente pola “recente aparición de petróglifos” que “require un traballo protocolizado de protección, sinalización e catalogación”. Do mesmo xeito sinalan ao grupo no goberno que debería “encargarse disto a Asociación A Rula e o departamento da USC correspondente  para documentar todo minuciosamente”.  Para todo isto En Marea Touro pide ampliar a partida aos 25.000€.

En Marea Touro pide ampliar a relación de subvencións a Aldea Viva, ao colectivo arqueolóxico A Rula e ao festival Folk in Río. Para financiar estas propostas suxiren que se financien co presupostado para contratacións técnicas, ou ben minorando nun 50% os gastos dos órganos de goberno xa que recordan que o alcalde cobra 49000 euros, o máximo permitido por lei.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial