займ срочно

Cerca de 200 propostas para os orzamentos participativos de Ames

0

Ames, 6 de xullo do 2017 –   Arranxos de camiños e lavadoiros, acondicionamento de locais sociais, paneis informativos nas aldeas, obras de accesibilidade… 186 propostas foron presentadas pola veciñanza no primeiro proceso de Orzamentos Participativos de Ames.

Previamente, o Goberno mantivo xuntanzas nos locais das once parroquias que compoñen o territorio municipal para dar a coñecer o proceso e designou a Comisión de orzamentos participativos que, composta por membros do goberno, persoal técnico municipal e representantes das diferentes asociacións veciñais, fixo unha primeira selección de propostas en base a súa viabilidade legal, técnica e orzamentaria. A Comisión de Orzamentos Participativos (COP) reunirase hoxe para dar a coñecer, analizar e facer unha valoración das propostas seleccionadas.

Unha vez finalizadas as xuntanzas abriuse o prazo de presentación de propostas desde o 9 de xuño até o 23 de xuño e unha vez rematado o prazo, contabilizáronse 186 propostas veciñais. Os técnicos estudarán agora a viabilidade técnica e legal e unha vez ditaminado, a COP procederá a valorar as propostas tendo en conta os criterios de preferencia establecidos nas bases.
Todas as parroquias, agás Agrón, presentaron propostas nas que se solicitan actuacións variadas e as veces coincidentes nas distintas parroquias. A veciñanza pide arranxos de camiños e lavadoiros, acondicionamentos de locais sociais, paneis informativos nas   aldeas e melloras de accesibilidade.
“Esperamos poder contar canto antes cos proxectos para poder levar a cabo os investimentos durante o último trimestre do ano”, manifesta o alcalde de Ames, José Miñones, que tamén engade a súa satisfacción pola participación dos veciños e veciñas do rural no proceso: “foi todo un éxito e agradezo as múltiples aportacións realizadas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies