займ срочно

Os alcaldes de Ordes, Frades e Mesía visitan o obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo

0

Ordes, 12 de febreiro do 2019 –   Os 20 alumnos e alumnas do obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo recibiron a visita dos alcaldes de Ordes, Frades e Mesía, José Luis Martínez Sanjurjo, Roberto Rey e Mariano Iglesias  respectivamente.

Os tres rexedores tiveron ocasión para comprobar a realización dos traballos levados a cabo, ademais de manter un contacto directo co cadro de profesorado, persoal administrativo, corpo directivo e alumnado do obradoiro.

Iniciado o pasado mes de novembro e cunha duración de 9 meses, o obradoiro está cofinanciado polos tres municipios e a Consellería de Economía, Emprego e Industria. En concreto trabállase en base a dúas especialidades: repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Unha das vantaxes desta nova edición é a realización de prácticas en empresas durante outros tres meses como mínimo.

O orzamento ascende a preto de 339.200 €, para o que a Consellería achega 288.800 €. No referente ás achegas municipais no caso de Ordes ascende a 22.600 €, mentres que Frades e Mesía é de 7.548 € e 5.787 € respectivamente.

Traballos

Na zona de Ordes están previstas actuacións en: parcela municipal do parque empresarial de Merelle (núm. 85), parque Félix Rodríguez de la Fuente, rúa Nova, Campo da Feira, CEIP Castelao, CEIP Campomaior, área Adina-O Mesón do Vento, campo da festa de Parada, contorno capela de San Pedro-Adrán, contorno das Marchás-Vilamaior e  campo de fútbol de Barbeiros.

En Frades traballarase en: leira do Carballal, campo de fútbol de Vitre, punto limpo, leiras Gasalla, Campoduro e Sanamil, praza de Ponte Carreira, área O Muíño de Céltigos e piscina de Papucín.

 Por último en Mesía: Prazas Albixoi, Cumbraos, Rivas, Braña do Vilar, Visantoña, Boado, Mesía e Bascoi, área recreativa de Olas, zona polideportivo Xanceda, viveiro municipal e brañas de Valga.

O obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo recibe este nome ao ser este o punto exacto de confluencia dos lindes territoriais dos tres municipios englobados nesta iniciativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies