Os badéns de Teo levantan polémica

0

Teo, 18 de outubro do 2018 – A colocación de lombos redutores de velocidade, badéns, en distintas vías de Teo abren unha polémica pese a ser unha petición dos veciños.

A primeira en posicionarse contra os badéns foi a Policía Local que móstrase cada vez máis como un ente independente do propio concello. Un xornal contaba a denuncia interposta contra o concelleiro de servizos básicos, Xurxo Francos, ante a fiscalía pola instalación de estes elementos. O certo é que a Policía Local apelaba a unha normativa que, como se pode ver no documento do ministerio de Fomento, é aplicable a estradas do estado pero non necesariamente a outras vías.

O concelleiro mostraba en Facebook a súa preocupación pola polémica e explicaba distintas cuestións. Comezaba resaltando o xa dito de que a normativa a que apela a Policía non e vinculante en estradas municipais; pese a iso explicaba que as medidas dos lombos coinciden coas marcadas por Fomento en tódolos caso excepto en un que xa está sendo arranxado. Xurxo Francos continuaba dicindo que ” no CLIA (consello local da infancia e adolescencia) solicitouse, votouse e aprobouse por unanimidade a instalación deste tipo de elementos redutores de velocidade”. Defendía a ubicación dos badéns xa que buscaba reducir a velocidade en puntos concretos onde xa se deron saídas de vías por exceso de velocidade. Finalmente recoñecía que a colocación da sinalización dos redutores retrasábase máis do desexado pero era algo no que so podían insistir a empresa, algo que xe se estaba a facer.

O último en apuntarse ao debate foi o Partido Popular que nunha nota de prensa reclamaba a inmediata comparecencia do concelleiro de obras e acusaba ao goberno municipal de estar máis preocupado pola situación política que pola seguridade dos veciños. Os Populares teñen previsto rexistrar unha batería de preguntas sobre a cuestión e critican o excesivo tamaño dos badéns dos que din que ” máis que garantir a seguridade viaria, empeórana e supoñen un perigo tanto para os viandantes como para os condutores”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial