займ срочно

Os berros contra a mina en Touro e O Pino encheron Compostela

0

Bisbarra, 11 de xuño do 2018 – Máis de 60.000 persoas manifestáronse este domingo en contra da reapertura da mina en Touro e O Pino.

As protestas contra a mina foron seguidas por colectivos de distintos lugares, que se achegaron a Compostela para visibilizar as ameazas medio ambientais da bisbarra de Compostela.

A hora prevista de saída, as doce do mediodía, a Alameda de Santiago estaba chea e continuaba chegando xente que desde Porta Faxeira quería acceder. Con algo de retraso colocouse a cabeceira, formada por rapaces da zona tras unha pancarta en contra do proxecto. Pouco a pouco comezou a andar camiño da Senra, Xeneral Pardiñas, Ponte Castro, e Hórreo para entrar xa na zona vella e chegar pola Rúa Nova, Toural e Praterías ata a Praza do Obradoiro. Cando xa a cabeceira chegaba diante da Catedral aínda algúns manifestantes estaban polo comezo, na Alameda e na Senra.

Entre os participantes estaban os membros da Plataforma Mina Touro O Pino NON e veciños das distintas parroquias, pero tamén afectados polo vertedoiro de Miramontes en Compostela ou a Plataforma Casalonga limpo de residuos de Teo. Colectivos ecoloxistas, xente chegada da ría de Arousa e doutras partes de Galicia camiñaban con cartaces que indicaban de onde viñan e o que pedían. E tamén participaron representantes políticos como o portavoz de En Marea Luís Villares, a do BNG Ana Pontón ou o secretario xeral dos socialistas Gonzalo Caballero, que camiñaban tras unha pancarta co lema da manifestación “non queremos unha herdanza envelenada”.

Unha manifestación que deixa as claras a posición dos veciños e os problemas aos que se enfronta o medio ambiente. Un éxito de convocatoria que se verá nas próximas semanas si ten algunha resposta desde a administración.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”80″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”wipe” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies