займ срочно

A área de Compostela renova o convenio de transporte metropolitano

0

Bisbarra, 12 de marzo do 2019 – Os concellos da área metropolitana de Santiago firmaron coa Xunta de Galicia a renovación do convenio de transporte para o seu territorio.

A renovación do plan de transporte metropolitano amplía o acordo ata o ano 2020 e supón un investimento de 1,4 millóns de euros. A Xunta de Galicia aportará 1,1 millóns e o resto, cerca de 243.000 euros, irá a cargo dos 18 concellos.

O convenio prorrogado supón tamén descontos adicionais do 15% para os usuarios recorrentes (aqueles que realizan máis de 40 viaxes ao mes) e bonificacións tamén para membros de familias numerosas, neste caso de entre o 20% e o 50% en función da categoría. Os menores de 19 anos poden viaxar de balde empregando a tarxeta Xente Nova.

A Área de Transporte Metropolitano de Santiago está integrada por un total de 18 concellos: A Baña, A Estrada, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia está a funcionar actualmente en cinco áreas de Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo) con 65 concellos incorporados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies