Os da Porfía, Soul Maxín e DJ Mil hoxe no Feito a Man

0

Compostela, 10 de agosto do 2018 – Da música tradicional ao funk na xornada do Feito a Man que hoxe ten tamén sesión vermú a partir das 13.30.

Os da Porfía

O Feito a Man comeza na Vía Sacra con Os da Porfía. O grupo está formado por dez rapaces: David Valladares, Manuel Pardo, Miguel Do pazo, Marcos Botana, Mario Sosa, José Codesido, Fernando Saavedra, Fabian Galban, Manuel Pereira e Alberto Santos que, aínda que procedentes de diferentes estilos musicais, están intimamente ligados á música e ao baile tradicional do noso país.O grupo fórmase no ano 2016 en Santiago de Compostela ao coincidir case todos os seus integrantes nunha das agrupacións folkloricas da cidade, “Brincadeira”. A súa música bebe na tradición, dun traballo de recuperación de ritmos rescatados da memoria de fiadas e seráns, de camiños á romarías….a poderemos escoitar a partir das 13.30.

Soul Maxín

A Praza de Feixoo é o seguinte escenario e abrirá as oito da tarde con Soul Maxín. Trátase dunha banda de música soul que nace en novembro de 2016 na cidade de Compostela. As influencias musicais da banda abranguen grupos e artistas como Sharon Jones & The Dap-Kings, Freedonia, Etta James ou Sam Cooke entre outros. Aínda que se definen como unha banda de soul, o grupo ten influencias musicais diversas, xa que os membros da formación tiveron experiencias previas noutros grupos de estilos moi dispares coma o rock, o blues, o pop ou o jazz. Durante este tempo a banda comezou interpretando versións e creando temas propios co desafío da creación cooperativa de cancións en galego. A día de hoxe conta cun repertorio extenso formado por temas propios e versións. En novembro do 2017 reciben o 1o premio no certame para bandas emerxentes Outra+Outra organizado de forma conxunta polos Estudios Mans, a Fundación Paideia Galiza e a Deputación da Coruña. Dito premio permitiulles gravar o seu primeiro E.P. nos Estudios Mans, o cal teñen previsto presentar nas distintas salas da xeografía galega ao longo do 2018. Foron tamén finalistas do concurso Eclosom I organizado pola Gentalha do Pichel.

DJ MIL

A xornada rematará en Bonaval co proxecto Phonorama do DJ MIL. Phonorama é un proxecto audiovisual orquestrado para conxugar música e vídeo en directo, un percorrido no tempo a través da música funk, disco, soul reggae, rap… ilustrado con proxeccións acordes a cada época.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial