Os doentes no Hospital do Barbanza teñen que levar as medicinas de casa

0

Bisbarra, 17 de abril do 2019 – Comisións Obreiras esixe que o Hospital do Barbanza conte sempre con servizo de farmacia xa que non conta con el  durante as tardes, noites e fins de semana e os doentes levan a medicación da casa.

A falta de servizo de farmacia tratouse en numerosas ocasións pero nin o Sergas nin a dirección do Hospital do Barbanza deron unha solución a esta problemática. Esta situación provoca que o persoal de enfermaría, con coñecemento da dirección do hospital e asumindo funcións que non son da súa competencia, abandone o seu servizo e colla a medicación, após pedirlle ao garda de seguridade que abra a farmacia. Nalgunha ocasión o persoal chegou a dispensar fármacos á residencia da terceira idade por non haber persoal técnico de farmacia presente que o puidese facer.

Desde CCOO reclamouse un técnico de farmacia presencial durante as tardes, noites e fins de semana para dispensar a medicación que precisen os doentes. Durante un mes e medio contratouse un técnico a media xornada durante a tarde, pero según o sindicato “rescindíuselle o contrato por unha decisión arbitraria e non xustificada, sen que se propuxese unha solución”.

Un servizo incluído na carteira de servizos

Desde Comisións lembran que, cando o Hospital era unha fundación pública, era costume que moitos doentes trouxesen a súa medicación da casa e a entregasen nos controis de enfermaría, recolléndoa despois de recibiren a alta.

Após pasaren ao Sergas os hospitais comarcais, CCOO denunciou a situación por entender que a carteira de servizos da sanidade pública prevé a prestación farmacéutica para calquera doente hospitalizado “polo tanto, todo medicamento ou produto farmacéutico incluído na prestación farmacéutica do sistema de saúde debe ser fornecido desde o servizo de farmacia do hospital”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial