Os empresarios de Santa Comba sortean un escaparate valorado en máis de 2.000 euros

0

Santa Comba, 8 de decembro do 2018 – Os empresarios de Santa Comba promocionan a compra no comercio local co sorte dun escaparate che de donacións e valorado en máis de 2.000 euros.

Como é habitual na época do Nadal ao tempo que se incrementan as vendas tamén crece a competencia das grandes superficies fronte ao pequeno comercio. Baixo o lema “No Nadal elixe o comercio local” os empresarios de Santa Comba promocionan nestas datas os seus negocios e sortearán dous lotes de agasallos cun valor que supera os dous mil euros. Para participar só hai que mercar nos establecementos asociados que entregarán rifas de balde. O sorteo do escaparate realizarase na nosa sede o 7 de xaneiro de 2019.

Éxito da ruta de tapas

Por outra banda na última edición da Ruta de Tapas organizada pola Asociación de Empresarios de Santa Comba, que se celebrou do 16 ao 25 de novembro, repartíronse un total de 3.000 tapas durante as dúas fins de semana nos oito locais participantes.

En cada local había presente pasaportes para que os clientes que degustaban as exquisitas tapas puntuasen ao seu criterio e segundo a puntuación deles os premios as tres mellores tapas foron para Cervecería D’Mara co terceiro premio coa súa tapa “a cunca de Mar”, segundo premio Cafetería Rafael coa tapa “arroz negro” e o primeiro premio para Cafetería Talladas coa tapa gañadora “pluma ibérica con salsa de setas e pataca palla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial