займ срочно

Os erros no tiro exterior levan á derrota ao Obradoiro ante o Baskonia

0

Compostela, 28 de xaneiro do 2019 – O  Monbus Obradoiro non puido facerse coa vitoria no  Buesa Area ante a falta de acerto no tiro exterior, caendo ante  Kirolbet  Baskonia por 72 a 63.

Sólida defensa

ACB Photo – A. Díaz

O conxunto  obradoirista completou un partido moi sólido en defensa, exceptuando os minutos finais previos ao descanso. Os de Moncho Fernández souberon frear ao Baskonia de  Perasovic, que sentiuse incómodo e por momentos non foi capaz de anotar con facilidade nin rapidez. Este traballo defensivo permitiu ao  Monbus Obradoiro manterse no encontro, non renderse e pelexar cada xogada.

Escapada  baskonista

Os erros na defensa  obradoirista sobre o seu rival nos tres minutos finais do segundo cuarto penalizaron aos de Moncho Fernández, e fixeron que o  Kirolbet  Baskonia collese unha vantaxe importante no electrónico. Anotaron 23 puntos no segundo cuarto fronte aos 8 dos galegos, complicándolles o partido.

Falta de acerto desde 6,75

Faltou acerto no tiro exterior no bando  obradoirista. Lanzaron os de Moncho Fernández un total de 27 triplos dos que entraron catro, pero o equipo nunca se rendeu e seguiu buscando oportunidades desde outras posicións.  Vasileiadis rompeu a mala serie anotando dous triplos no último cuarto que permitiron recortar puntos no marcador pero non houbo tempo para máis.

Control das perdas de balón

ACB Photo – A. Díaz

Se en algo incidiu Moncho Fernández na previa do encontro era en que a clave pasaría polo control das perdas de balón ante un rival que castiga ese tipo de erros. E conseguiuno o conxunto  obradoirista, que terminou o partido con tan só nove perdas, dúas delas provocadas por falta en ataque. Unha materia pendente para o equipo galego que está a controlar nos últimos partidos.

ACB Photo – A. Díaz

O  Monbus Obradoiro regresa a Santiago de Compostela cunha semana por diante para preparar o seu seguinte encontro. O domingo, ás 12:30 horas, recibirá na súa pista ao  UCAM Murcia e pelexará por conseguir a oitava vitoria da tempada. Para este partido, os abonados poden comprar ata dúas entradas, a 10€ cada unha, en Tribuna 2, para convidar a amigos ou familiares a gozar do espectáculo  obradoirista en Sar. Os abonados poden facerse con elas a través da súa conta na web do club ou de forma presencial nas oficinas, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies