Os estonios Holy Motors no ciclo Praceres Ocultos

0

Compostela, 9 de xaneiro do 2019 – O ciclo #placeresocultos acolle este venres a visita dos Holy Motors, as nove da noite na sala Sónar de Compostela.

O concerto de Holy Motors e o número 33 do ciclo Praceres Ocultos. Esta organizado por Desconcerto Cultural, unha asociación sen ánimo de lucro responsable desde 2010 de diferentes iniciativas como  TerraZeando,  CortaPega,  Desconcerto  na  Praia, Primos Irmáns ou a  Romaría Pop.

O quinteto estonio manéxase con mestría nos camiños musicais do  slowcore e o  dream pop, xerando contidas e  belísimas cancións que conectarán Compostela co lago *Ülemiste que lles viu nacer e que nos lembran a uns  Cigarettes  After  Sex do noso continente.

A banda, formada por tres guitarristas amantes da  reverberación, un  baterista e a magnética voz da cantante  Eliann  Tulve, debullarán no  Sónar Compostela as composicións do seu último disco, “ Slow  Sundown”, unha sobria marabilla na que tamén atoparemos ecos de  Slowdive,  Lush,  Pale  Saints, evidentemente  Mazzy  Star, ou a música das películas de David Lynch.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial