Os Luns do Ateneo conmemoran o Día da Muller cunha charla da doutora María de la Fuente

1

Compostela, 9 de marzo do 2019 – O vindeiro luns o Ateneo de Santiago conmemorará o Día da Muller cunha conferencia impartida pola Doutora María de la Fuente, Responsable do laboratorio de nano-oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago.

A charla  leva por título “Muller, investigación científica e avances en nanomedicina”, desenvolverase ás 20.00 horas na sede de Afundación de Santiago (Rúa do Vilar, 19) e poderá seguirse tamén en directo a través da web e redes sociais do Ateneo.

María de la Fuente Freire, Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago, obtivo o Premio á Mellor Tese Doutoral “III SPLC-CRS and Eudragit Ph.D. Thesis Award” e xerou varias patentes que formaron parte da propiedade intelectual que deu lugar á fundación da división de nanomedicina de Advancell S.L., no ano 2004. Participou en proxectos dirixidos á inhibición de procesos de invasión e metástase mediante a aplicación de terapia xénica e nanotecnoloxía así como no desenvolvemento preclínico de formulacións nanoparticulares e na avaliación de novas dianas e moléculas terapéuticas para o tratamento de tumores caracterizados pola súa alta agresividade. As súas principais liñas de investigación son a nano-oncoloxía, nanoteranóstico e terapéutica traslacional para combatir procesos de diseminación tumoral e metástase.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial