займ срочно

Os membros da “manada” persoas non gratas en Ordes

0

Ordes, 30 de xuño do 2018 – O pleno de xuño de Ordes deixou dous posicionamentos claros da corporación declarando persoas non gratas aos membros da manada e aprobando unha declaración institucional en prol dos dereitos do colectivo LGTBIQ.

Foi esta última a primeira en aprobarse, unha declaración institucional na que Ordes defende e apoia os dereitos do colectivo LGTBIQ. Esta resolución coincide coa celebración do Día do Orgullo que se celebra desde hai anos o 28 de xuño. A continuación a proposta do BNG de declarar persoas non gratas aos membros da “manada” foi apoiada por tódolos grupos políticos. Ao texto engadíuselle unha emenda presentada polo voceiro socialista na que se solicitaba que dita consideración se ampliase a todas aquelas persoas condenadas por violación, delitos ou abusos de índole sexual. O concello de Ordes súmase así a concellos como os de Lugo, Pobra de Brollón ou Oleiros que aprobaron declaracións similares.

Outros asuntos

Tamén conseguiron unanimidade das mocións presentadas polo voceiro socialista Alejandro Manteiga. A primeira delas solicitaba instalar soportes naqueles espazos ou edificios públicos, especialmente nos de titularidade municipal (Concello, Casa da Cultura, biblioteca, dependencias policiais, colexios, centro médico etc), para poder deixar debidamente amarradas ás mascotas. A segunda moción demandou a realización dun inventario das edificacións con amianto existente (visible e non visible) en todos os colexios e edificios municipais para poder elaborar un plan de cara a súa retirada gradual por parte dos correspondentes organismos titulares dos inmobles. Neste senso o BNG lembrou da importancia da retirada deste tipo de material da rede de abastecemento, punto de vista compartido por todas as forzas políticas.

O BNG pola súa banda levou a pleno a modificación da senda peonil na marxe dereita da N-550 na zona das Casillas, unha proposta que foi finalmente rexeitada.Tanto o equipo de Goberno, co alcalde José Luis Martínez Sanjurjo á cabeza, como os concelleiros non adscritos Roberto González, Luis Gómez Candal e Ramón Vázquez Raña consideraron válidos os criterios e estudos realizados a día de hoxe en base ao trazado deste proxecto, o cal está ratificado e aprobado polo Ministerio de Fomento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies