Os pais de Ventín abriron o curso cunha concentración

0

O conflito sobre o traslado do conserxe segue sen resposta por parte do concello

ventin-concentracion-sr-casas-13-septiembre-2016_dsc0037_rAmes, 13/09/2016 – Os pais do colexio de Ventín, en Ames, concentráronse onte pola mañá no patio do colexio para reclamar a permanencia do “señor Casas”, o actual conserxe. Con carteis nas más e unha pancarta escoitaron as palabras da presidenta da ANPA que estivo acompañada polo director do colexio como símbolo de apoio por parte do profesorado. A presidenta da ANPA explicou que seguen sen recibir resposta do concello e que o único que piden e que se cumpra a legalidade.

ventin-concentracion-sr-casas-13-septiembre-2016_dsc0004_rNa concentración estivo presente o propio conserxe. Pepe Casas traballou nos últimos anos en ese posto a donde chegou desde a brigada de obras, o seu actual traballo foi no seu momento confirmado por un decreto de alcaldia. Coa negociación da nova Relación de Postos de Traballo do concello o equipo de goberno comunicoulle que tería que voltar ao seu posto en obras e xardíns. Toda a comunidade educativa posicionouse en contra de esta medida e defenden a permanencia do conserxe no centro ata que remate a prórroga que pediu da súa xubilación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial