Os pais do IES de Brión inician un peche no instituto

0

Brión, 14 de setembro do 2018 – Os pais dos alumnos do IES de Brión pasaron a primeira noite  dun peche no centro para reclamar máis docentes para o instituto.

Imaxes: Facebook ANPA Pedra Viada

A decisión foi tomada despois de celebrar unha asamblea e , según o presidente da ANPA Pedra Viada Tito Souto, o peche continuará ata que se resolva o problema. Desde a Consellería de Educación da Xunta de Galicia dise que o centro conta co profesorado adecuado. Ao mesmo tempo inspección educativa ten enriba da mesa a dimisión do equipo directivo do centro que deixou os cargos en bloque polos mesmos motivos, esperan contestar si aceptan ou non a dimisión ao longo do día de hoxe.

Os pais contan co apoio do goberno municipal que estvio presente na asamblea na figura do alcalde. Consideran que a calidade sairá resentida con este ratio de alumnos por profesor e reclaman 3 profesores máis xa que o equipo directivo reclama 10 novos mestres e a Consellería ofrece 7.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial